Ardalén / PRADO, Miguelanxo
por Prado, Miguelanxo; Prado, Miguelanxo.
Tipo: LibroSeries: Miguelanxo Prado (Norma) ;15.Editor: Santiago de Comopostela :El Patito Editorial ,2012 Edición: 1ª.Descrición: 256 :il. cor ;26cm.ISBN: 9788493943455.Materia(s): Memorias E Lembranzas | Cómics adultos | Emigración e inmigración-Cómics | Mares e océanos-Cómics | Recordos-Cómics | Soños-Cómics | Cómic europeoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (96). Faga clic aquí para velos todos.
Premio Nacional del Cómic 2013
Premio mellor obra 31 salón del cómic de Barcelona
«Os recordos, que son moitos, van e veñen, sen que eu consiga colocalos. Nunca estou seguro de que sucedeu antes ou despois, báilanme os nomes, as caras... É coma se o libro da miña vida alá desfíxose e quedáseme nas mans un puñado de follas que non consigo ordenar de novo. Ás veces, mesmo, é coma se eses recordos non fosen meus... Nin sequera estou seguro de diferenciar o que vivín e o que imaxinei.»
Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entrelazando nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran.
E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios.
Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive.
Despois de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Prado ofrécenos a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país.